Scan barcode
A review by patri
Treasure Island by Robert Louis Stevenson
adventurous
fast-paced
- Plot- or character-driven? Plot
- Strong character development? No
- Loveable characters? It's complicated
- Diverse cast of characters? No
- Flaws of characters a main focus? No
4.0
É de ter en conta que só me puxen ler esta historia despois de ver Black Sails e quedar enganchadísima a todo o que teña a ver con piratas, así que a miña percepctión do conto, e en concreto da personaxe de Long John Silver non provén só do texto do libro, senón que é anterior, e volve sempre á historia primeira para min, algo que penso que me axudou a desfrutar máis deste libro.
Gostei do espíritu de aventura, e da sensación de ler unha historia que sentou os alicerces de moitas outras. Da personaxe de Jim gostei da súa teima, e da vibra de rapaz de 16 anos que se lle nota aínda ca distancia cronolóxica, e da personaxe de Silver gostei moito de ver os reflexos e a continuación do que xa coñecía. E gostei tamén de ler sobre unha xente cuns valores e principios que se me fan por veces alleos, como cando Jim non fuxe dos piratas tras darlle a súa palabra a Silver. É tremendo, pensar en ler unha historia imaxinada hai douscentos anos.